Esta fin de semana fomos a Madrid a recoller a "peonza de bronce" que nos foi concedida nos IV Premios Edublogs na categoría de Bibliotecas Escolares.
Acompañáronnos Andrea e Cristina, alumnas de 1º de bacharelato, como representantes desa parte do alumnado que colabora neste blogue. O premio é, como non podía ser menos, para tod@s el@s tamén.
A viaxe non puido comezar mellor: aloxámonos no Barrio das Letras! Xusto ao carón da casa de Cervantes e a poucos metros da de Lope de Vega!
O sábado pola mañá acudimos á entrega de premios que foi moi emotiva. Gozamos con Alfonso Alcántara que nos demostrou que "Los blogs son unos maleducados", puxémoslle cara ás compañeiras bibliotecarias premiadas (Mireu que fem a la nostra biblioteca, Ars Legendi e A Biblioteca do Colmeiro) e recollemos a nosa buxaina.
Pola tarde visitamos a Feira do Libro de Madrid que cumpría 69 anos. A de escritoras e escritores coñecidos que alí vimos! : Camilla Lëckberg, Claudia Gray, Antonio Muñoz Molina, Javier Reverte, Eduardo Mendoza, Almudena Grandes, Asa Larsson, Julia Navarro ...
O domingo foi día de comtemplación: achegámonos ao Museo Reina Sofía para ver o Guernica; en CaixaForum impresionounos a exposición de Fotopress 09 e maravillounos a de Miquel Barceló. Aproveitamos tamén para achegarnos á Estación de Atocha e visitar a homenaxe ás vítimas do 11 M.
Ademais diso paseamos, comimos, rimos moito, pasamos moita calor e gozamos non só do premio senón tamén de Madrid. Se tedes dúbidas, preguntádelle a Andrea e a Cristina, de seguro que vos animan a que colaboredes neste blogue: ten premio!
2 comentarios:
¡Qué buen día pasasteis y qué bien luce la peonza! Por enésima vez: norabóa e apertas.
Gracias, Inma. La verdad es que todo resultó fantástico, los premios, los paseos, las visitas a los sitios, la compañía de las alumnas,... Un fin de semana 10.
Marga.
Publicar un comentario