jueves, 17 de junio de 2010

A biblioteca de Sonia

Sonia, que hoxe veu moi contenta do exame da selectividade, non quere irse do instituto sen antes deixarnos a súa biblioteca particular.

Como boa lectora a súa selección é variada. Deste xeito atopamos algo de novela histórica ( La comerciante de libros, Los pilares de la tierra, Un mundo sin fin, La catedral del mar, Os libros arden mal...), lecturas xuvenís ( Rebeldes, Llamando a las puertas del cielo...), clásicos (El mercader de Venecia, El Aleph...), misterio ( Asesinos sin rostro, El código da Vinci...), imprescindibles (¿Que me queres, amor?... ) e últimas novidades na nosa biblioteca ( La lluvia antes de caer, La carretera...).

Moitas grazas, Sonia, non só polas túas recomendacións senón tamén por todo o que tes colaborado connosco nesta biblioteca, no blogue e no club de lectura. Dende aquí desexámosche moi boa sorte!

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Gracias a vos por recomendarme os libros axeitados para cada momento. Porque sempre que viñen á biblioteca recivístesme con un soriso. E aínda que marche deste instituto vou pasar moitas veces pola biblioteca, asique non me digades adeus, decídeme ata logo.
Moitas gracias.
Bicos.
Sonia.

Ana Peña dijo...

Un bico Sonia. Que teñas moita sorte no camiño que agora elixas.

Related Posts with Thumbnails