martes, 15 de junio de 2010

Pepa A Loba de Carlos G. Reigosa



Agora tócalle a Noemí, Carolina, Patricia, Alba e Sara o turno das recomendacións. Todas elas mulleres como a protagonista do libro.


“Esta novela gustoume porque reflexa á perfección as inxustizas ás que estaban sometidos os labregos polos caciques da época, porque me achega máis ao pasado do pobo galego e ao seu sufrimento, por facerme ver como eran condenados por “delictos” que os propios fidalgos lles “obrigaban” a cometer para poder levar un cacho de pan á boca. Porque en obras coma estas vense as dúas caras do pobo galego: por un lado, os caciques asoballadores e, polo outro, os galegos sufridores”.
Noemi Bascoy


"Este libro empeceino a ler hai anos e pareceume aburrido. Pero agora que o volvín ler, a miña opinión cambiou radicalmente. Pareceume unha boa novela pola forza e valentía que tiña a protagonista, Pepa, alcumada a Loba, despois dos duros golpes que a vida lle dera, xa dende ben nova, pois na infancia perdera a súa nai, viuse obrigada a facer traballos impropios da súa idade... e aínda así, Pepa fíxose unha muller valente, que loitou polos seus ideais ata o fin da súa vida, contra todo e contra todos, sempre á marxe da xustiza e das leis”.
Carolina Brandariz


“A lectura da novela é gratificante... gustoume porque dende un principio enganchoume, engaioloume... isto puido ser porque se trataba dunha lenda e entón iso tiroume máis ou porque o escritor fixo ben o seu labor”.
Patricia Centoira

En canto ao tema, interesoume, xa que se fai “xustiza” ás “inxustizas” da época, e non se poderían resolver doutro xeito que non fose “tomar a xustiza pola man”.
Alba Fernández

“A obra é moi interesante dende un punto de vista psicolóxico e histórico. As enormes diferenzas sociais “enxendraban” persoas como Pepa a Loba, traumadas e infelices. A obra conta o momento dunha persoa que, dende moi pequena, tivo que desenvolver o seu espírito de supervivencia, unha muller que loitou pola igualdade, aínda que dun xeito, ao meu xuízo, moi radical. A reivindicación está ben, pero sentimentos como a rabia desembocan en problemas como o de Pepa ou outras situacións atemporais e irrefreables que non obedecen a ningún tipo de raciocinio nin de sentido común”.
Sara Vales

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails