jueves, 10 de junio de 2010

Escribindo ao xeito de Séchu Sende

Algunhas alumnas de 1º Bac Tecnolóxico animáronse a escribir tomando como punto de partida un relato de Made in Galiza, libro no que o autor, dun xeito moi crítico, fai unha análise da situación da lingua galega. Este é o resultado:

EXPECTORANTE DA RABIA E CALMANTE DA FURIA

COMPOSICIÓN:
1000 gr de latín
500 gr de árabe
200 gr de xermánico
1 kg de castrapeo
1 kg de retranca
100 gr de confianza
200 gr de desconfianza
1000 gr de positivismo (“malo será...”)
3000 gr de predición (“vas caer, vai chover”)

Produto elaborado pola combinación de expertos romanos, árabes, xermanos (moi amigos entre si) e un chisco de pobreza, prexuízo, inferioridade social, vergoña e represión.


INDICACIÓNS:
Segue as indicacións da Real Academia Galega, a non ser que a túa zona lingüística o faga dun xeito diferente.
-Situacións críticas de perigosidade de “ostias”.
-Clase de Galego (e de Filosofía).
-Na montaña galega, e en Casa Pacucho (“Salvádeme siempre”), especialidade en churrasco e sobremesas variadas (flan con nata, nata con flan).

POSOLOXÍA:
Adultos: dose normal, xa que están fortes coma buxos.
Nenos: en grandes doses, sobre todo na “idade do pavo”.

CONTRAINDICACIÓNS:
Inxerido en grandes doses pode producir grandes incomunicacións co mundo exterior.
Pode producir tamén indixestión, mesturado con outras linguas.

ADVERTENCIAS:
Non se recomenda a súa utilización en contextos formais.
Cada 1000 gr desta lingua conteñen 500 gr de palabras obscenas, polo que debe usarse con moita precaución.

INCOMPATIBILIDADES:
-Feixoada ou bilingüismo.
-Pijos de La Coru.

EFECTOS SECUNDARIOS:
Non deben producirse coas doses axeitadas. En casos moi extremos, discriminación lingüística.

INTOXICACIÓN E TRATAMENTO:
En caso de sobredose pode provocar pesadez estomacal. Se é así, consultar a RAE ou o ILGA.

PRESENTACIÓN:
En lotes pequenos, dispoñibles por vía oral e/ou escrita.


DEBE MANTERSE AO ALCANCE DE TODOS E, SOBRE TODO, DOS NENOS E NENAS.


Este traballo foi realizado por: Cristina Blanco, María Naveira, Andrea Rivera e Cristina Roel.

2 comentarios:

Ronsel dijo...

Os meus parabéns para a creación xuvenil. Con futuro na nosa lingua!

Anónimo dijo...

Hola son jessica ramos casal a min encantoume o noso premio a buxaina e espectacular ter un premio na nosa biblioteca e expectacular besiños de Jessica pasade a vela e encantaravos besiños e feliz veran.

Related Posts with Thumbnails