María Naveira Barros, alumna de 1º de Bacharelato Tecnolóxico, quere facernos a recomendación de lectura dun libro que lle gustou moito. De feito solicitou á biblioteca a adquisición da segunda parte, cousa que faremos en canto saia.
Pero deixemos que María nos conte...
Pero deixemos que María nos conte...
O libro Voy a vivir, de Andy Tricker, relata unha etapa da súa propia vida, cando con dezasete anos sofre un accidente de moto que o deixa atado a unha cadeira de rodas por tempo indefinido. Andy comeza moi entusiasmado a súa rehabilitación, pero por moito que o intenta non dá froitos.
Cando regresa á súa casa, coa súa familia, sen poder camiñar, decide recorrer a médicos quiroprácticos, curandeiros e hipnotizadores pero, por desgraza, nada resulta.
É un libro recomendable, xa que relata unha historia de superación, a historia dun rapaz novo que trata de sobrevivir á súa propia vida.
Na guía de lectura sobre a discapacidade atoparás outros libros que che poden interesar:
1 comentario:
Buen comentario el de María y muy interesantes las recomendaciones. Tomamos nota. Saúdos.
Publicar un comentario