A obra teatral Bodas de sangre, escrita por Federico García Lorca en 1931, está baseada en feitos reais acontecidos nun cortijo de Níjar (Almería) en 1928.
A traxedia, que o escritor coñeceu a través da prensa, recolle o sentir da Andalucía máis profunda:
Francisca é unha moza de vinte anos que, namorada do seu primo Paco, foxe con el na noite na que se ía celebrar a voda que a súa familia lle tiña amañada. A súa irmá e o seu cuñado, para vingar a deshonra, esperánnos nun cruce de camiños coa intención de darlles morte: Paco recibe tres tiros mortais, Francisca sobrevive ao intento de estrangulamento.
Máis información sobre a verdadeira traxedia do Cortijo del Fraile
No hay comentarios:
Publicar un comentario