Si, si, que trema, que este ano a biblioteca decidiu facerlle a competencia e está a ofrecerlle ao alumnado o agasallo ideal para súas nais: unha hora de tempo libre.
E diredes: e iso, como se fai? Moi sinxelo, imos propoñeros dúas opcións:
1º Pide en préstamo un libro na biblioteca para ela e deixalle esa hora diaria para que goce da súa lectura. Temos unha pequena exposición na entrada da biblio pero se non atopas un que lle poida gustar, non o dubides, entra e pregunta que te atenderemos encantadas.
2º Fai de cociñeir@ por un día e para iso colle para ti un libro de recetas e prepáralle un prato "especial" para ela. Hai libros de cociña na exposición pero se cres que son máis complicados do que podes facer, pídenos unha das "nosas recetas", temos un lote delas, moi fáciles de facer, para ti.
Podes escoller unha ou as dúas opcións e non olvides pedir para ti un marcapáxinas feito para a ocasión.
E, lembra que no mercadiño solidario, que hai instalado na cafetería, tamén atoparás algo para sorprendela.
Non o dúbides: este ano, estírate coa túa nai
No hay comentarios:
Publicar un comentario