No primeiro trimestre deste curso non só o alumnado deste centro vai estar na lúa senón que tamén o profesorado vai ver as estrelas.
Pero non, non nos interpretedes mal: nin os alumnos e alumnas deste instituto van despistarse nos seus estudos, nin os profes imos sufrir ningún percance.
O que ocorre é que o Plan Lector comeza a súa andaina, é para estes primeiros tres meses decidiuse que todos xuntos imos aprender un pouco, ou non tan pouco, de Astronomía.
Asi que non vos estrañedes se algún día nos vedes a tod@s mirando ao ceo: estamos aprendendo.
A partir do vindeiro venres o programa Stellarium estará instalado nos ordenadores da biblioteca así como unha páxina con enlaces sobre o Universo.
Ah! E non esquezades onde están os libros de Astronomía: no andel que ten a CDU 52.
1 comentario:
E unha recompilación moi interesante de páxinas sobre o tema.Co voso permiso, acudiremos a ela para traballar co noso alumnado.
Graciñas por compartilo
Publicar un comentario