Cando leas, le intensamente. Máis incluso: intenta ler con maior intensidade da que o propio autor puxo na súa obra. Le con entrega, paixón e atención, implacablemente. Se cadra, o autor utiliza demasiadas palabras, mais ti le só as xustas. Se parco en palabras cando leas. Concéntrate en cada verba, unha tras outra, para diante e para atrás, escoitando atentamente o libro, seguindo as pegadas que te conducen á súa parte máis profunda. Préstalles atención aos sinais secretos que o propio autor non percibiu e deixou escapar conforme avanzaba na inmensidade da súa obra. Non leas xamais con desprezo, coma quen non quere a cousa, coma aquel a quen convidan a un banquete de deuses e coa punta do garfo petisca na comida sen entusiasmo. Le con elegancia e sobriedade. Le coma se estiveses no patíbulo e o libro que tes nas túas mans fose o último que che levou á túa cela o carcereiro. Le coma se fose unha cuestión de vida ou morte, porque a lectura é o mellor regalo do ser humano. Ten en conta que de todos os seres vivos, o ser humano é o único que le.
Texto: Sándor Márai (Herbario)
Imaxe: Pablo Picasso (A lectura)
No hay comentarios:
Publicar un comentario