jueves, 24 de septiembre de 2009

As vidas de Galileo



Xa temos na biblioteca a tradución galega do cómic oficial do Ano Internacional da Astronomía. Amósanos un retrato de Galileo feito en seis épocas claves para a historia da Astronomía. Galileo protagoniza cada unha delas á vez que nos presenta os descubrimentos que cambiaron o mundo:

En Babilonia aprende a escribir con arxila e ler o ceo.
En Alexandría mide a Terra con Eratóstenes usando un pau.
A beiras do Ganges, Ariabhata explícalle que a Terra vira sobre si mesma.
En Venecia mira máis aló e descobre un universo revolucionario.
En Greenwich coñece a Newton e Halley e o "seu" cometa.
E no ano 2009? Galileo regresou! Animate a coñecelo!
Pero non vos impacientedes, mentres agardades ao luns para pedilo en préstamo podedes ir botandolle unha ollada:

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails