domingo, 7 de junio de 2009

O PDC4 cóntanos...

O día 2 de xuño fomos de excursión a Santiago todo o PD4 e os clubes de lectura "As Mariñas lectoras" deste instituto e "Salicornia" de Miño.

Os de PD4 comezamos a nosa excursión facendo unha visitiña ao Museo do Pobo Galego, que foi o que máis nos gustou en xeral a todos. Os nenos subiron polas escaleiras máis famosas do Museo ás carreiras e logo non podían co seu propio corpo.

Cando saímos de alí fomos ao Museo de Arte Moderno no cal había cousas que non entendiamos moi ben onde tiñan a arte e non nos gustou demasiado.

Máis tarde cruzamos todo Santiago para ir ver o Museo de Historia Natural onde había animais e minerais moi bonitos e curiosos. De camiño a este museo, encontrámonos coas irmáns máis famosas desta cidade, "As Marías", e aproveitamos para facernos unhas fotos con elas, aínda que luciamos máis nós ca elas, a verdade.

Logo fomos comer e tivemos o resto da tarde libre para facer un xogo de buscar pistas polas rúas da cidade ata que chegamos ao parking do bus onde, mentres esparabamos, tivemos que intentar explicarlle a un francés onde se pagaba, cousa que nos costou un pouco.

Para rematar, collimos o bus e marchamos para a casa. Pasámolo moi ben!







Artigo feito polo alumnado do PDC4

No blogue do club lectura hai unha crónica de Sonia e Alba que fala da excursión de As Mariñas Lectoras

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails