E 22 de maio, e 13 de xuño, e 9 de xullo e 28 de setembro... Celebrámolas decote. O que si devén pasaxeiro é a conmemoración do persoeiro homenaxeado.
Esta biblioteca caracterízase pola súa xenerosidade e manterá a exposición de libros un tempiño máis. De igual xeito, gozaredes durante uns días máis dos caligramas que os alumnos de 4º de Técnicas de expresión escrita confeccionaron a partir dos versos de Xosé María Álvarez Blázquez.
2 comentarios:
Parabéns tanto á persoa/s que pensou a actividade, como ás que a realizaron: a poesía visualizada. Canto se pode facer con ilusión e doses de imaxinación.Un gran traballo. Grazas.
Amieiro
Para imaxinación a dos nosos rapaces e rapazas,Amieiro. Non debemos subestimar a súa capacidade de creación. Levamos dous anos coa técnica dos caligramas. Parécenos do máis lúdico e didáctico para achegarlles a poesía. O certo é que lles encanta. Sen decatárense fan un exercicio de comprensión e análise de texto completísimo.
O noso alumnado é o artista.
Publicar un comentario