sábado, 31 de mayo de 2008

Mozart compúxonos un valse.

Non é ningún farol. Velaí tedes a partitura. Con notas do propio Mozart.


E todo grazas ás matemáticas, á Feira Matemática á que acudiron 17 rapaces e rapazas do noso instituto capitaneados por Zacarías e os seus colaboradores, Emilia e Martín.
Esta festa, á que asistiron 16 institutos da Coruña e Lugo, tivo lugar o pasado sábado 25 na Coruña, no Pazo da Ópera.

O IES As Mariñas, asiduo concertista, fíxose "notar":

- pola colosal actividade da medición da Torre de Hércules: levamos unha de máis de 3 metros debuxada en papel;

- polo saber comportarse do alumnado: o seu trato cos visitantes dos nosos postos foi exemplar, parabéns para DJ Zaca (ft Geogebra), rouco de tanto aleccionalos durante estes días;

- polo incansable labor de relacións públicas cos membros da organización: Emilia conseguiunos camisetas para todos;

- pola batuta do mestre Martín, do Departamento de Música, que colaborou coa actividade de Mozart e cuxo froito é o valse que vedes e co que podedes deleitar o oído.

Se queredes saber algo máis da orixe desta partitura, e do enxeño que ideou o xenio Mozart, clicade aquí.




2 comentarios:

Serafín dijo...

Vaia actividade máis completa!! Matemáticas, música... e moitas ganas de facer cousas. Con eses rapaces que se prepare ata o alcalde da Coruña... Era ese que falaba co famoso Zaca, non si?

Por certo, soa moi ben o valse. Se non entendín mal, co Xogo de Dados Musical K.292 aínda quedan valses de trinta segundos abondo para escoller.

Parabéns polo traballo.

biblioteca dijo...

Efectivamente, alí estaba o alcalde. Pero os verdadeiros protagonistas foron os futuros matemáticos e matemáticas, sen esquecer os consagrados (Zaca, Emilia...).
A ver se nos visitas. De seguro que Martín che axuda a compoñer un valse para a biblioteca do Castro de Baronceli.
Bicos.

Related Posts with Thumbnails