jueves, 13 de diciembre de 2012

Iván e Sergio van ao cine


-Sabedes quen foron  os gañadores do concurso Cine e Literatura?

-Pois... Iván e Sergio.

- E que tiñan de premio?

- Dúas entradas para o cine con dereito a palomitas, bebidas e golosinas.

- Para que película?

- Poden elixir a que queiran. Teñen todo o curso para decidir a película que máis lles apeteza.


Disfrutade do premio!

martes, 20 de noviembre de 2012

Concurso cine e literatura

Exposición libros e películas

Bases: 

Poderá participar todo o alumnado do centro, ben de forma individual ou por parellas.

O prazo do concurso será desde o día 19 de novembro ata o día 30.

No momento da inscrición, recollerase unha ficha onde irán escribindo as respostas das preguntas.

As preguntas, unha cada día, iranse poñendo no taboleiro exterior da biblioteca.

O día 30 será o prazo final para a entrega da ficha de respostas.

Haberá un premio para a ficha que teña todas as respostas correctas. En caso de haber varias farase un sorteo.  

jueves, 25 de octubre de 2012

A xogar!

Hai tempo para todo, tamén para os xogos. Por iso a biblioteca pon á vosa disposición desta volta:




Este é o primeiro dunha serie de xogos educativos de mesa dos que a biblioteca disporá para que os poidades disfrutar en familia ou cos amigos aquí no instituto nas horas de recreo.
A duración do préstamo será de 15 días e queremos facear fincapé en que antes de devolvelos deberán estar en perfecto estado para que todos poidamos disfrutar deles.

Coidádeos. Son de todos!!!

miércoles, 24 de octubre de 2012

Concurso de cabazas


Ánimo, participa e non deixes pasar a ocasión!

miércoles, 10 de octubre de 2012

Biblioteca escolar, acelerador de innovación


As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferente, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. As bibliotecas, ao renovarse e activarse, confírmanse como aceleradores de innovación, de innovación educativa.

Asesoría de Bibliotecas escolares de Galicia

miércoles, 3 de octubre de 2012

Lecturas e películas para o mes de outubro




Na entrada da biblioteca podedes atopar unha selección de libros e películas centradas en  temas dos días especiais deste mes de outubro. 

Títulos como Sang Woo y su abuela, Enrugas, Memorias dun raposo, De camino a la escuela, La milla verde, Deep Blue, Ser y tener, O vello e o mar, Diarios de la calle, Animales al límite e moitos máis, sensibilizarannos nas persoas de idade, os animais, os alimentos, ou a loita contra a violencia, a pena de morte e a pobreza. 

domingo, 30 de septiembre de 2012

De novo, abrimos as portas


Este curso e, grazas á colaboración de Nuria, alumna do Bacharelato Artístico do IES Adormideras, a entrada da nosa biblioteca está cambiada. Que as súas formas e as súas cores vos animen a entrar e disfrutar do que hai disposto para todos.

jueves, 28 de junio de 2012

Vémonos en setembro


A biblioteca deséxavos unhas boas vacacións non sen antes facervos partícipes do nivel de préstamos conseguido este curso que demostra, unha vez máis, que somos uns grandes lectores.

Gozade dos libros elixidos para este verán e sobre todo,pasalo o mellor posible para vir coas pilas postas para o próximo curso.

                         

miércoles, 20 de junio de 2012

Propostas para o verán

A piques de rematar o curso o alumnado de 2º da ESO non quere despedirse sen facer unhas recomendacións de lectura.




O diario vermello de Carlota de Gemma Lienas


Recomendamos este libro porque é moi interesante e axuda a saber a sexualidade de cada un. Carlota, a medida que pasa o tempo, averigua máis sobre este curioso tema. Fáiselle unha experiencia divertida. Usa os seus propios coñecementos e experiencias para completar o diario. Tamén se informa a través de diferentes medios, para acabar construíndo un manual.
Adrián e Sonia.

O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas



Recomendo que este libro se lea que vos vai gustar. É un libro no que conta Carlota sa historias do machismo e a violencia de xénero, que os homes poden pegar as mulleres. A min este libro gustoume moito. É un libro con medo e misterio. Se o home pega a muller, a muller chama a policía e o home vai para o cárcere.

Alba García Castrillón 



Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas


Recomendámolo porque é moi interesante. Narra as historias dun neno labrego, moi pobre. Cada capítulo conta unha historia do rapaz dende o seu punto de vista. El narra as súas propias fazañas nun diario que, máis tarde, sería publicado por un amigo seu. Ten un final moi inesperado.
Dani Blanco, Mario, Sara, Dani Costa, Alfredo, Fran, Eva, Santi, Cris, Ana, Marta Valiño, Laura, Óscar

domingo, 17 de junio de 2012

Sobrevivir entre libros

Na Nova Colón, unha das librarías que visitou o club de lectura na súa excursión á Coruña, unha muller le durante 36 horas seguidas no escaparate:

sábado, 26 de mayo de 2012

Xogando coas palabras

O derradeiro venres Mª Inés Cuadrado fíxonos pasar unha hora moi entretida ensinándonos a recitar poesías. Participou neste taller o alumnado dos clubes de lectura de 2º e 3º da ESO. Os rapaces aprenderon a poñerse diante dun auditorio e "dar vida" á poesía.
Unha vez superada a vergoña e esas risas nerviosas que provoca o medo escénico, Adrián, Paula e Aroa leron os poemas que eles mesmos elexiron: "Como tú" de León Felipe, "Hagamos un trato" de Mario Benedetti e "Muerte en el olvido" de Ángel González.


jueves, 17 de mayo de 2012

Letras galegas 2012

Home comprometido e polifacético das nosas letras que destacou con só en poesía e ensaio, senón tamén no xornalismo e no mundo da avogacía.

Emprendedor no mundo da industria e da economía galega e traballador infatigable ata a fin da súa vida

Valentín Paz Andrade

miércoles, 16 de mayo de 2012

Valentín Paz Andrade

Coma cursos anteriores os equipos de  Dinamización Lingüística do IES de Catabois e As Mariñas xuntáronse para facer esta guía e achegarmos a Valentín Paz Andrade, o conmemorado este ano no Día das Letras Galegas.

martes, 15 de mayo de 2012

Emilia, profe de Historia, fixo este encrucillado para que probes os teus coñecementos de Italia. Serás quen de facelo?



E

jueves, 10 de mayo de 2012

El oro de los carlistas

José Manuel Rey Díaz, profe de Historia, fainos chegar unha recomendación dunha novela histórica, El oro de los carlistas de Juan Bas.

El autor nos cuenta la apasionante aventura de Nicolás, un joven liberal vasco, que se embarcará junto con su padre y un destacamento de élite, compuesto por los más peculiares, aguerridos y eficaces soldados del ejército isabelino, guiados por un cura loco, en la busca de un tesoro que los carlistas guardan celosamente con el fin de comprar armas.
Esta trepidante aventura, que bien pudo ser cierta en todo o en parte, nos introduce de un modo ágil en nuestra primera guerra civil del s. XIX (1833-39/40) que enfrentó a liberales y absolutistas (carlistas) causando un número importante de víctimas.
El relato viene introducido brevemente por un reseña del contexto histórico y, si bien la acción principal se sitúa en la I guerra carlista, no es más que un recuerdo que Nicolás nos cuenta desde el sitio de Bilbao en 1874 (III guerra carlista), lo que da pie a comparar ambos periodos.

martes, 8 de mayo de 2012

E o premio foi para...

O derradeiro venres rematou o prazo para presentar as respostas ao concurso de "Pasaparola" e hoxe a man inocente de Adrián  descubriu o gañador do premio.
A casualidade quixo que a única papeleta que tiña varios autores fose a elexida: así Fran, Dani e Alfredo, alumnos de 2º da ESO, repartíronse a cesta italiana.

Noraboa a todos, non só aos premiados senón tamén a todos os que participaron coa súa investigación na busca das respostas.
Ata a próxima viaxe!




lunes, 7 de mayo de 2012

A carta de Zacarías aos "olímpicos"

Noraboa a ti, Marta, polo excelente resultado obtido, pese á falta de tempo: cuarto lugar. Excelente.

Noraboa aos dous polo fenomenal traballo e empeño que puxestes.
E a ti, Alfredo, lamentar esa mala sorte cos erros e a falta de tempo, pero animarte a seguir traballando con esa boísima actitude e capacidade de análise crítico.
É un tremendo orgullo ser o voso profesor.
Saúdos e parabens tamén aos vosos pais, que teñen que estar moi satisfeitos da vosa traxectoria escolar.

Fernando Zacarías, profesor de Matemáticas.


jueves, 3 de mayo de 2012

Olimpiada matemática e feira matemática 2012

Despois de rematar a fase de centro, no que o alumnado de 2º ESO traballou en varias sesións a resolución de problemas e elixiu ás dúas persoas que representarían ao grupo e ao Centro na Olimpiada do 2012 para este nivel, Alfredo Crespo Otero e Marta Esther Varela Rodíguez defenderon con enerxía e traballando ata o final, a participación deste ano.
Había moitos participantes nesta fase de zona (máis de 70) de diversos centros, sendo de dous o número máximo permitido, por cada grupo de ESO.
Nuns días saberase, que participantes pasan á final de toda Galicia, que este ano se celebrará en Vigo.
Sexa cal sexa o resultado felicitámonos por ter participado neste evento e felicitamos ao grupo de segundo de ESO polo traballo realizado e a Marta e Alfredo polas ganas e empeño que puxeron no seu traballo.
Por outro lado o vindeiro sábado 12 de maio, terá lugar a VI Feira matemática en Palexco (A Coruña) e na que o nos Centro vai volver participar como en edicións anteriores.
Tódalas persoas que queiran visitala poden facelo en horario de 11 a 19 horas.

lunes, 23 de abril de 2012

Moito para escoller

Lembrade que hoxe é o Día do Libro. Que mellor xeito de celebralo que collendo en  préstamo un dos que hai expostos na entrada da biblio:  


 

viernes, 20 de abril de 2012

Pasaparola

Que non sabes o que é? Que tes dúbidas de como participar? Que descoñeces as bases do concurso?



A biblioteca poncho doado:


Pode participar todo o alumnado do centro.



O concurso consiste en cubrir o folleto coas respostas correctas e os datos persoais, e despois deposítalo na urna que haberá na biblioteca.



Para a busca das respostas pódese consultar os libros, películas, cds e ordenadores da biblioteca.



O prazo para entrega das solucións acabará o día 4 de maio ás 11,30 da mañá.



O premio consistirá nunha cesta con produtos italianos e libro, película e música relacionada co país.


Se houbese máis dun folleto con todas as respostas acertadas sortearíase o premio entre os acertantes.


Así que xa sabes: pásate pola biblioteca, pregunta, colle o folleto, consulta e investiga as respostas e deixa as solucións na urna.



Moita sorte!


jueves, 19 de abril de 2012

Un viaggo per L' Italia

A biblioteca proponche unha magnífica viaxe por Italia da que poderás gozar sen moverte da túa butaca.

Só tes que coller en préstamo algún dos libros, películas, revistas ou cds de música e achegarte ás súas paixases, as súas xentes, os seus sóns, as súas historias, as súas orixes, aos seus personaxes máis famosos… Todo isto poderalo descubrir na nosa guía de lectura.









Related Posts with Thumbnails