O diario vermello de Carlota de Gemma Lienas
Recomendamos este libro porque é moi interesante e
axuda a saber a sexualidade de cada un. Carlota, a medida que pasa o tempo,
averigua máis sobre este curioso tema. Fáiselle unha experiencia divertida. Usa
os seus propios coñecementos e experiencias para completar o diario. Tamén se
informa a través de diferentes medios, para acabar construíndo un manual.
Adrián e Sonia.
O diario violeta de Carlota de Gemma Lienas
Recomendo que este libro se lea que vos vai gustar. É un libro no que conta
Carlota sa historias do machismo e a violencia de xénero, que os homes poden
pegar as mulleres. A min este libro gustoume moito. É un libro con medo e
misterio. Se o home pega a muller, a muller chama a policía e o home vai para o
cárcere.
Memorias dun neno labrego de Xosé Neira Vilas
Recomendámolo porque é moi interesante. Narra as
historias dun neno labrego, moi pobre. Cada capítulo conta unha historia do
rapaz dende o seu punto de vista. El narra as súas propias fazañas nun diario
que, máis tarde, sería publicado por un amigo seu. Ten un final moi inesperado.
Dani Blanco, Mario, Sara, Dani Costa, Alfredo,
Fran, Eva, Santi, Cris, Ana, Marta
Valiño, Laura, Óscar
No hay comentarios:
Publicar un comentario