O alumnado de Grego de 1º de Bacharelato de Humanidades está a facer uns comentarios sobre obras de arte de contido mitolóxico.
Sonia Guzmán Abeal cóntanos o que ela ve na escultura Apolo e Dafne de Bernini.
Esta escultura amósanos como a ninfa Dafne se converte en loureiro nos brazos de Apolo. Ela pedírallo ao seu pai para salvala da persecución de Apolo, aínda que este só lle quería dicir que a quería e que era o seu grande amor.
Apolo prometeulle coidala e permanecer con ela sempre ata a eternidade.
Por iso, os gañadores nas probas deportivas dos xogos píticos en Lesbos, dedicados a Apolo, recibían como premio unha coroa de loureiro.
Se queredes máis información podedes atopala na biblioteca no libro Mitos e Lendas da vella Grecia de Anisia Miranda.
No hay comentarios:
Publicar un comentario