viernes, 14 de enero de 2011

Emaús


Dores, unha das nosas profes de galego, tampouco quedou sen agasallo. O seu foi o libro de Alessandro Baricco, Emaús.

Descoñecía as obras deste autor italiano e foi grazas a Marga que comecei xusto pola súa última novela: Emaús. Un relato que se me fixo curto, deses que comezas e xa non deixas e ao chegar ao final sentes certa tristura porque queres máis.

Unha historia narrada por un mozo do que non chegamos a saber o nome, si o dos seus amigos: Luca co que tiña maior relación, Bobby e O Santo. Uns adolescentes cunhas vidas marcadas polos condicionantes sociais e familiares, pola fe e as crenzas relixiosas, que levan unhas vidas moi comúns: estudos, familia, colaboracións na parroquia... Pero todo se vai truncando ou muda ao interrelacionarse o seu mundo co dunha moza protagonista da historia: Andre, sen dúbida o motor nesta novela. É a vida desta rapaza, con todo o que a rodea e co que dela se nos vai desvelando, o que converte este relato en único e inesquecible.

Logo de Emaús quero achegarme a Seda e ás outras historias de Baricco.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails