jueves, 17 de diciembre de 2009

A biblioteca de Lucía e Verónica


Lucía Garrido e Verónica Rodríguez, boas amigas, grandes lectoras, eficaces axudantes da biblioteca no seu tempo libre e aplicadas alumnas do Ciclo Medio de Xestión Administrativa, quixeron facer a súa estantería para mostrarnos o que elas consideran os seus libros máis "especiais".
Como pasan xuntas moito tempo é lóxico que tamén compartan lecturas. Así lles ocorre coa Saga Crepúsculo (aínda hai alguén no centro que non a lese?).

Polo demais parece que Verónica se decata pola literatura fantástica (Eragón, Mandrágora, Memorias de Idhún, Os Megatoxos) aínda que tamén deixa un curruncho para a historia ( El niño con el pijama de rayas).
Lucía le tamén en galego e por iso colocou na estantería Noite de voraces sombras e Mecanoscrito da segunda orixe sen olvidar os vampiros co libro de Marcada.

Todos estes libros tédelos á vosa disposición na biblioteca e, de igual xeito que Lucía e Verónica, podedes gozar da súa lectura en calquera momento.

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails