miércoles, 30 de abril de 2008

Manuel Lourenzo, o vento.

BubbleShare: Share photos - Play some Online Games.


A nosa biblioteca converteuse no escenario do teatro máis privilexiado deste país. Tiñamos connosco a Manuel Lourenzo, senlleira figura da dramaturxia galega: actor, director, escritor teatral...; director e actor tamén de cine e televisión, quen non lembra o “Melghacho”!

Desta volta a función era para un público reducido, público privilexiado. Representábase: “Entrevista con Manuel Lourenzo”. No papel de entrevistadoras estaban: Lola Palmeiro e Marta Bolaño, alumnas de Literatura Galega do s. XX; e no personaxe principal, o propio Manuel, que as engaiolou coa súa verba xenerosa e chea de experiencias vitais.

Logo, xa para un público máis amplo, no salón de actos Manuel Lourenzo presentaríanos: “O teatro ou é vento ou non é nada”. Impulsada por Noelia Sánchez e Patricia Brea sentimos bater nas nosas caras toda a forza da traxedia grega que proxectaba o conferenciante. E resistimos o Soán das improvisacións dos alumnos Daniel Fraga e Adrián Fernández. E deixámonos levar polo vento mareiro de Dores, a alumna serodia do mestre. E todo dirixido por Eolo, Manuel Lourenzo.

Que nunca falte o vento. Atoparédelo na nosa biblioteca.

3 comentarios:

Anónimo dijo...

gO MEYOR DA ENTREVISTA, FORON AS ENTREVISTADORAS....

VAIA DOUS PIVÓNS¡¡¡¡

Anónimo dijo...

Foi divertido cando Manuel me invitou a imitalo e ocupei o seu posto de conferenciante para recrear algunha das cousas que el dixera, ata algún detalle que causaron gargalladas no público. Creo que o mesmo don Manuel Lourenzo se divertiu coa miña interpretación.
"Chicho"

Anónimo dijo...

Unha actividade amena e divertida que nos achegou un pouco máis ao mundo do teatro. Ese martes 29 de abril ficará xa connosco: as compañeiras entrevistándoo, a presentación del no salón de actos, e sempre as palabras eruditas de Manuel Lourenzo.Tamén as improvisacións de Dani e Adrián e Dores co monólogo "O espello".
Ángela

Related Posts with Thumbnails