martes, 25 de junio de 2013

464 libros van de vacacións



Como en anos anteriores o alumnado e profesorado tivo a oportunidade de escoller ata 10 libros para levar durante as vacacións de verán. Dende a biblioteca aconselláronse lecturas e empaquetáronse en bolsas de distintas cores que estiveron expostas na entrada do centro, esperando que os seus "propietarios" as recolleran.
 
En total foron 464 libros os que saíron dos estantes para acompañar as familias.
 
Ademais este curso acadamos novo record: 3582 préstamos!!!
 
Dende aquí queremos desexarvos unhas felices lecturas!
 

1 comentario:

Emi dijo...

Graciñas, a miña bolsa está xenial. Que disfrutedes un bo verán. Bicos

Related Posts with Thumbnails