jueves, 28 de febrero de 2013

San Valentín 2013

Os alumos de PDC 4º estiveron estes días escribindo cartas de amor. Aquí vos deixamos unha delas:


Querida Lúa:

Escríboche estas letras neste día tan especial porque dende que nos coñecimos aquel día, un 29 de febreiro, namoreime de ti. Tes uns ollos azuis preciosos e un cabelo louro e ondulado que me gustou moito dende o primeiro día.
Gustaríame que quedásemos un día para ir ao cine, por exemplo, ou dar unha volta pola Coruña.
O motivo de que non che regale nada neste día é porque non me chegan os cartos, xa que estamos en crise e non hai traballo.
Encántame o teu sorriso e, cando leas isto, vaiche saír.
Teño que recoñecer que cada vez que se nos cruzan as miradas póñome nervioso e, cando te acercas, o corazón vaime a mil por hora.
Nunca sentira algo tan especial por unha rapaza ata que chegaches ti.
Como xa sabes, non me gusta moito bailar, pero aquel sábado na Iris, cando estivemos bailando agarrados, foi moi especial, foi como se se parase o tempo, como se tivésemos a pista para nós sos.
Non sei como o consegues, pero sempre que quedamos, consegues sacarme un sorriso e fas que me olvide de todo.
Con estas palabras saídas do meu corazón, agardo por unha resposta que presinto que non me vai tardar en chegar.

Quérete moito.

Sol

No hay comentarios:

Related Posts with Thumbnails