viernes, 7 de octubre de 2011

Intercambio matemático

Cristina Blanco, ex-alumna deste centro e agora estudante universitaria, non quere perder o contacto con nós e por iso nos envía un enigma para que "rompan a testa" os profes de matemáticas:




E nós, que tamén botamos en falta a Cristina e aos seus artigos neste blog, dedicámoslle estas fermosas imaxes da sucesión de números de Fibonacci:



Grazas e sorte, Cristina. Aquí tés a túa biblioteca.

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Encantame, é fermoso e maravilloso!! moitas grazas, quedeime con cara de x mirando ao infinito (impresionada)!! a proporción aúrea é a miña preferida,sempre lla explico a todo o mundo, e a máis bonita.A sucesión de Fibonacci tamén se da na reprodución de certos animais como o coello...impresionante!!! para que logo me chamen tola cando digo que a natureza está escrita en matemáticas.
Con respecto ao problema proposto, espero que os profes de mate no me decepcionen!!!(espero a súa resposta)
Moitos bicos.

Anónimo dijo...

Para no decepcionarla, escribiré la respuesta: si partimos de que dos números son iguales entonces su diferencia es cero por llo que en el proceso de la simplificación se está dividiendo por cero en los dos lados de la igualdad lo cual no es posible.

Anónimo dijo...

Moi ben impresionante!!! jaja pero gustaríame saber quen foi esa mente tan lúcida. Creo que xa sei quen foi, pero...
Así me gusta, que no me decepcionen.
Un bico
Cristina

Fernando dijo...

Este problema coma moitos outros forman parte daquelas rutinas que presciden, ou pola contra, utilizan, algunha das propiedades básicas que costa tanto traballo asentar no alumnado de secundaria. Polo tanto agradecemos que sexa precisamente unha ex-alumna quen llo faga chegar ao colectivo do Centro mediante o servizo de biblioteca.
Sería desexable que resultara interesante para alumnado de 2º bacharelato, pero as veces que o tentei, resultou un fracaso de interese: ¡non entraba no exame!

Un saúdo.
O teu entusiasmo contaxia.
Fernando Zacarías

Anónimo dijo...

A verdade é esa, son propiedades tan triviais, que a xente non se para a pensalas, e ao atoparse con exercicios deste tipo...xurden os problemas, por iso son fundamentais. É a raíz das matemáticas.
É un gran fallo, que alguén ou ninguén se interese...porque as matemáticas son tan incríbles...pero non hai que desistir!!
Espero mandar máis exercicios.
Grazas Zacarías.
Un saúdo, Cristina

Related Posts with Thumbnails