lunes, 13 de diciembre de 2010

Tempo de agasallos

Moi doado:

Paso 1: Busca unha lectura apropiada para a persoa que ti queiras (alumn@ ou profesor@).

Paso 2: fai o préstamo do libro escollido ao teu nome.

Paso 3: Pide a felicitación para cubrir os datos.

Paso 4: Na biblioteca encargarémonos de empaquetar o libro e poñerlle a túa tarxeta de regalo.

@s destinatari@s poderán recoller as súas “lecturas-agasallo” a partir do día 20 deste mes.

Animádevos!

O agasallo dun libro, ademais dun obsequio, é un delicado eloxio

3 comentarios:

Bibliomanía dijo...

Unha boa iniciativa para fomentar a lectura que trasladamos tamén a nosa xente. Gústanos.
Felices lecturas compartidas!
Bo Nadal!

biblioteca dijo...

Isto da intriga do libro que haberá dentro do paquete parece que funciona. E é que, a quen non lle gusta un agasallo?

biblioteca dijo...

O luns xa poderedes recoller os vosos agasallos!
Felices lecturas!!!

Related Posts with Thumbnails