Emotivo e entrañable libro que nos descobre á persoa de Héctor Abad Gómez, tanto na súa faceta de defensor dos dereitos humanos como na de de pai de familia.
A obra, escrita por Héctor Abad Faciolince, fillo do protagonista, relátanos os acontecementos claves na familia Abad dunha forma natural, cercana e emotiva. A figura do pai cobra unha especial importancia pola súa personalidade.
Ademais, este libro axúdanos a entender a confusa situación de Colombia, país onde se sitúa a historia e no que "El olvido que seremos" se convertiu na novela máis lida.
En definitiva, "El olvido que seremos", é unha homenaxe a unha persoa que, sen abandonar o cariño e o coidado dos seus, comprometeuse cos máis desfavorecidos, sabendo de antemán que iso o conduciría á morte, a ser asasinado.
Esta recomendación de lectura atoparala no moble de novidades.Invitámosvos a adentrarvos nela.
Esta recomendación de lectura atoparala no moble de novidades.Invitámosvos a adentrarvos nela.
No hay comentarios:
Publicar un comentario