Entre as actividades desenvolvidas neste ano-centenario da morte do poeta celanovés, a Fundación Curros Enríquez convocou ás 54 vilas que contan cunha rúa co nome do poeta para que nelas se lesen ás 12 h. do 5 de xuño poemas do autor. Entre esas vilas está Betanzos.
O noso instituto, As Mariñas, acudiu á cita. O acto desenvolveuse na sala capitular do Concello, porque a rúa dedicada ao escritor homenaxeado e a toda a zona está en obras.
O acto comezou co son da gaita, versionando a “Cántiga” e seguiron as voces mozas das nosas alumnas: Estefanía Ferreiro, Rocío Fidalgo, Patricia Badía, Rocío Pedreira e Sonia Martínez e do alumno Ezequiel López, todos de 4º de ESO. Deron vida e voz aos poemas: “Nouturnio”, “O vento”, “Ós mozos”, “Ai”, “A Rosalía”, “Na chegada a Ourense da ...” e finalizaron coa famosa “Cántiga”. E chegou a fin da homenaxe betanceira ao poeta no son do gaiteiro.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario